jueves, 22 de junio de 2017

CLUB DE LECTURA DE 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os nenos e nenas de 6º fixeron o seu club de lectura de aula e ao longo do ano foron lendo dous libros que lles encantaron. Agora queren compartilo con vós e recomendarvos que os leades no verán.

miércoles, 21 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Un ano máis rematamos o curso. Achégase o verán e o tempo de lecer. Piscina e praia é o que máis apetece con tanta calor, pero tamén hai momentos nos que quedaremos na casa para gozar do descanso.
Para estes momentos os axudantes da biblioteca acordaron facer estas recomendacións de lectura para todos vós. Que contos nos recomendan?? Ollade o vídeo e...
Animádevos a ler no verán!!

martes, 13 de junio de 2017

TALLER DE GLOBOFLEXIA E MAQUILLAXE

Ola rapaces e rapazas!!!
O martes pasado, Gabriela, a nai de Violeta de 5 anos, estivo cos nenos e nenas de infantil impartindo un obradoiro de maquillaxe e de globoflexia. Agasallounos con globos con moitas formas e o mellor de todo para cada neno e para cada nena un maquillaxe. Que guapos estabades todos!!!
Unha actividade fascinante e Gabriela a mellor monitora que fixo que pasáramos uns momentos inesquecibles!!!
Ollade que ben o pasaron


martes, 6 de junio de 2017

Coñecendo aos Dinosauros

Os nenos e nenas de infantil investigaron moito sobre os dinosauros e agora o comparten con nós.
Animádesvos a aprender?

TALLER DE SURREALISMO CON RAFI

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Onte o curso de 6º tivo a sorte de ter a visita de Rafi. Coñecedora da fotografía e do surrealismo animounos a facer un taller de imaxinación. Convertiunos en persoas distintas, raras, atípicas... moi divertidas.
Pasaron un momento fantástico e aquí podedes ver un resumo da xornada. E máis abaixo o resultado.





jueves, 1 de junio de 2017

ENQUISA PROFESORADO

Hoxe tócalle aos mestres facer a súa valoración da biblioteca. Aquí vola deixo!!
Un saúdo!!

miércoles, 31 de mayo de 2017

Charla con Antonio Manuel Fraga

Unha vez máis o escritor Antonio Manuel Fraga estivo na escola para falar cos nenos e nenas de 5º e 6º do Castañeiro de Abril. Neste conto, Buto, un zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado sempre do seu can, Barriga Branca, tenta xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición do Castañeiro suporá unha serie de cambios que farán que non deixes de ler o libro ata rematalo.
Antonio Manuel Fraga falou cos vosos compañeiros da súa obra e deste conto en especial, dos personaxes, da historia,... aquí podedes ver un anaquiño dunha mañá inesquecible.



lunes, 29 de mayo de 2017

ENQUISA ALUMNADO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como remata o curso, vouvos pedir un favor. Podedes cubrir esta enquisa para poder mellorar máis a biblioteca de cara ao ano vindeiro?.
Moitas grazas pola vosa axuda.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


LAMBECAZOLAS

O curso remata e que mellor xeito de enduzalo que amosando uns vídeos de cociña?
Seguide praticando no verán e non esquezades mandar as vosas receitas!!!
Premede nas imaxes e accedede aos vídeos.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Xulia de 5 anos
Infantil unha receta de Samaín
Aroa e Mikaela de 5º

Silvia de 3º e Juan de 1º

domingo, 28 de mayo de 2017

NOVEDADES NA BIBLIOTECA

Xa está a biblioteca chea de novidades. Animádevos a vir á biblioteca a recomendalas para o verán.
As últimas peticións que deixachedes na caixa de conversascongarabullo son:

Crear e xogar con papiroflexia. Ofrece detallados esquemas de pregado que fan sinxela a construción de 22 impresionantes avións e figuras voadoras de variadas características e formas. Tamén chegou Ao alcance de todos de Vicente Palacios. Axudaranos a que todos poidamos iniciarnos no pregado, empezando por facer de pregues claros e sinxelos.
Unha figura de papel puede servir para moitas cousas pero o más importante é que aprendamos, mediante os ejercicios propostos e activemos o noso inxenio e habilidade.






TOM GATES de Liz Pichón. O protagonista das distintas aventuras é Tom Gates e así se define: " Son Tom Gates. Cando os profes non están controlándome, gústame debuxar e pensar mil maneiras de fastidiar a Delia, a miña irmá maior. Na escola din que son moi distraído e que non me concentro, pero eso é mentira, porque agora mesmo estou super concentrado pensando que tipo de galleta me gusta máis...".



Mi querido gatito de Jimmy Liao. Un libro empático e conmovedor no que os gatos teñen un papel moi importante.


DESASTRE TOTAL ¡MIRA LO QUE HAS HECHO!
Timmy séntese coma un célebre detective. Cando hai un  caso de corrupción ou de roubo na cidade, Timmy e o seu axudante Total buscarán o xeito de atopar aos culpables.






LETRAS GALEGAS 2017

Ola rapaces e rapazas!!!
O  curso está rematando. Atrás queda a Semana das Letras Galegas. Tivemos moitas actividades que comezaron achegándonos a Carlos Casares en primeiro lugar. Non só tivemos exposición de carteis, tamén limos os seus libros e contos, interpretamos  "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", e aínda queda o día 2 que iremos a Silleda a ver "A galiña azul". Seguindo a tradición que comezamos o ano pasado, na fachada da escola, xa temos a Carlos Casares xunto a Manuel María, rendíndolle así o noso particular homenaxe.
Coma todos os anos non faltou a Romaría, que aproveitamos para celebrar o cuarenta aniversario do cole. Unha volta aos primeiros anos da escola, vídeos de fotos lembrando os inicios , estatísticas de alumnado que chegaron ata o que hoxe é o CEIP Ramón de Valenzuela. E todo posto en escena cunha volta a nosa Galicia tradicional de zocos e mandilóns, gorras e panos, coa nosa taberna, churraría, dozaría,... sen que falte a música, os xogos tradicionais e o mellor de todo as carrilanas (para velas premede na foto)
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





https://www.youtube.com/watch?v=6XLXJ7mJysg


jueves, 25 de mayo de 2017

A LECCIÓN DE AUGUST

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao longo deste curso, nun club de lectura de aula, os vosos compañeiros e compañeiras de 6º estiveron lendo un libro fermoso: A lección de August de R J Palacio.
Cada capítulo foi vivido con emoción, empatía, rabia e cariño.
O protagonista é August. Un rapaz de 11 anos "distinto" dos demáis nenos da súa idade. A súa cara faino distinto cando el so quería ser un máis...
Todo o que lle acontece a August, as súas vivenza, as súas penas e alegrías, o punto de vista da súa familia e amigos... fixo que cada día os vosos compañeiros aprenderan unha lección.
Un libro para ter na mesa de noite e reler unha e mil veces.
Hoxe saeu o trailer da película que estrearán proximamente nos cines. Aquí o deixo para todos e todas os que xa coñecedes o libro poidades gozar tamén coa película.

miércoles, 24 de mayo de 2017

A PRINCESA DO COUREL

Aroa de 5º pasou a "Hora de Ler" cos nenos e nenas de infantil un día máis. Nesta ocasión escolleu o conto A princesa do Courel. Un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición dos contos: gato, can, pau, lume, auga… Un conto ideal para que os nenos aprendan a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.


 

martes, 23 de mayo de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

Ola amiguiños e amiguñas!!
Xa rematamos a semana das LETRAS GALEGAS. Este ano estaban dedicadas a Carlos Casares. Coma todos os anos traballamos a biografía e a obra deste importante escritor. Tamén quixemos renderlle o noso particular homenaxe, coma nós sabemos, interpretando un dos seus contos. Aproveitamos as nosas dotes de artistas e marcámonos un reto cumprido. Interpretar, todos os cursos, o conto de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Infantil preparou o escenario e a representación da obra quedou nas mans de primaria. É unha peza teatral moi complicada pero vós fixestedes o difícil moi doado.
Parabéns!! Sodes marabillosos!!!
Aquí podedes vervos e estar moi orgullosos de tremenda interpretación!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



domingo, 21 de mayo de 2017

LIBROS NA RÚA 2017

Un ano máis participamos co Concelle de Silleda na terceira edición de Libros na Rúa. O pasado venres 19 puxemos o noso posto para vender contos, levamos o noso euro para mercar algún libro, e así, contribuír con Silleda Solidaria. Ademáis disfrutamos cos talleres de marcapáxinas, chapas, a contacontos,...
Foi una xornada moi divertida, e aquí podedes ver o ben que o pasamos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 17 de mayo de 2017

Lolo anda en bicicleta

E seguimos colgando cousas grazas aos recursos publicados polo seminariogalan.org.
Hoxe tócanos coñecer o conto de LOLO ANDA EN BICICLETA. Aínda que vai dirixido a 1º e 2º seguro que todos e todas aprendemos un pouquiño facendo as propostas do xogo.
Agardo que vos gusten, divirtan  e como non? que aprendades moito e coñezades mellor a Carlos Casares.


martes, 16 de mayo de 2017

XOGAMOS COA GALIÑA AZUL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Onte traballamos algo a vida de Carlos Casares de xeito moi sinxelo. Hoxe toca traballar algo da súa obra e coma todos e todas tedes na aula ou na casa A galiña azul, propóñovos esta actividade que tomei prestada da páxina do Seminario Galán adicado ás Letras Galegas.




lunes, 15 de mayo de 2017

XOGANDO CON CARLOS CASARES

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como xa sabedes iniciamos a Semana das LETRAS GALEGAS.
Comezamos esta celebración coa Romaría das Letras Galegas no cole.
Homenaxeamos a Carlos Casares interpretando para todos nós e para as nosas familias "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS".
Agora toca coñecer un pouco máis de este escritor. Ao longo da Semana irei deixando aquí cousiñas de Carlos Casares para que xoguedes e aprendades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

O Seminario Galán (http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/) propón esta actividade en liña para achegar a biografía do noso homenaxeado aos máis pequechos.



domingo, 7 de mayo de 2017

Coñecendo Galicia

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal de fin de semana?
Xa comeza o bo tempo!! Supoño que nas fins de semana, moitos de vós saídes coas vosas familias a pasear e coñecer paisaxes fermosas da nosa contorna. Galicia está chea de lugares interesantes e curiosos para visitar. Lembrade facervos unha foto no máis bonito, interesante, raro, curioso, misterioso... que visitedes e traela ao cole contándonos a vosa experiencia.
Aquí deixo unha imaxe do que están a traer os vosos compañeiros e compañeiras e un pequeno recordatorio de en que consiste esta actividade.
Animádevos a seguir traendo fotos!! Queremos encher este mapa!! Queremos coñecer mellor a nosa Galicia!!!



ARTETERAPIA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os papás e as mamás seguen a vir ao cole a contarnos moitas cousas e a facer talleres con todos vós. A pasada semana tocoulles aos nenos e nenas de 2º e 5º de Primaria que participaron nun obradoiro de ARTETERAPIA. Beatriz Mosquera, nai de Dante de 2º e de Kimberly de 5º, ensinoulles novas técnicas para traballar con cartolina. Fixeron postais para agasallar ás mamás nun día tan fermoso coma hoxe. Foi un placer contar coa súa colaboración e axuda!!! Moitiiiisimas grazas!!!!
Agora ollade as postais tan fermosas que fixeron e o ben que o están a pasar!!




viernes, 5 de mayo de 2017

PASIÑO

Un grupo de alumnos e alumnas de 6º escolleu o conto Pasiño para contarlle aos seus compañeiros e aos compañeiros de 4º. Pasiño conta unha historia tenra e sinxela, pero moi real. Tres patiños están perdidos no bosque. O pequeno chora que quere a mamá e será o seu irmán maior o que lle ensine que "pasiño a pasiño" podemos chegar a onde queiramos. Entrañable historia cun toque moi divertido aportado polo pequeno Pasiño


jueves, 4 de mayo de 2017

O GRAN LIBRO DO AMOR

Kimberly de 5º sabe que hai moita xente á que querer: ás nais, aos pais, aos avós, aos amigos... e para que todos o lembremos e que os pequerrechos non o esquezan nunca leulles este conto. O gran libro do AMOR.


viernes, 28 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Un ano máis celebramos a semana do libro. O noso lema foi " UN CONTO QUE ALIMENTA". A través dun pequeno posto de contos que foi atendido nos recreos por todos vós, fixemos un troco traíades un alimento e levábades o voso conto. Os alimentos recollidos foron enviados a Asuntos Sociais para axudar ás familias que o precisen.


Como todos os anos tamén tivemos os Apadriñamentos Lectores. Enchimos o cole de lecturas. Por parellas, de idades distintas ou semellantes, buscamos un oco no patio para compartir a lectura cos nosos compañeiros. Cada ano repetimos esta actividade e cada ano síntome orgulloso de vós e do voso xeito de coidar e gozar con ela.
Queredes vervos?
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


miércoles, 26 de abril de 2017

XADREZ EN 4º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe tócame falar das cousas que acontecen na biblioteca. O día 3 de abril Santiago Ceviño Matos, o papá de Luisa, estivo na nosa biblioteca cos nenos e nenas de 4º.  Ao longo da mañá contoulles moitas cousas do xadrez e iniciounos neste xogo. Aprenderon moito, divertíronse e seguro que están dispostos a xogar con vós... Quen se anima a xogar con eles?
Ollade o ben que o están a pasar!!!





CONCURSO DE CÓMIC

Ola  amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis o Concello de Silleda invitou aos nenos e nenas da escola a participar nun concurso de cómic. O tema a traballar era a solidaridade.
Os nenos e nenas de 5º e 6º amosaron interese e ilusión por participar na actividade. Documentáronse con libros da biblioteca de como facer un cómic, asesoráronse con mestres e elaboraron os seus traballos en pequenos grupos.
En primer lugar darlle a noraboa a todos pola súa participación e pola motivación e ilusión que puxeron nesta actividade.
Felicitar tamén a Pablo, Axel e Lois de 5º pola seu cómic "A historia de Poliño" que gañou o premio á mellor ilustración pola categoría de primaria. PARABENS RAPACES!!!
Aínda que as fotos dos cómics saíron un pouco borrosas, deixo aquí unha mostra dos traballos elaborados por 5º e 6º.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


martes, 25 de abril de 2017

MULLERES

Para conmemorar o 8 de marzo "Día da Muller", escollimos
"MUJERES 2" de Isabel Ruiz Ruiz.



Neste libro lémbrase a mulleres reales que merecen ser un referente para todos os nenos e nenas da escola. A atutora deste libro quixo rescatar nomes de mulleres que forman parte da nosa historia. É unha selección de dezaoito mulleres reales de distintos ámbitos; mulleres que son e serán un exemplo para todas as persoas e deben estar presentes na nosa memoria.

Os alumnos de 6º fixeron a súa propia interpretación plástica deste libro para conmerar esta data tan sinalada.


miércoles, 5 de abril de 2017

SEIS NENOS EN MARTE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chegou á nosa biblioteca un libro moi especial: " Seis nenos en Marte". A nai de Lía de 4º aconsellounos este libro que transcorre no espazo e ademáis os protagonistas son nenos. O científico Luis Ruiz de Gopegui é o autor deste libro dedicado aos nenos e nenas e nel cóntanos todo o que razoablemente habería que facer para chegar ao planeta Marte. Luis o sabe ben porque seguiu dende a estación espacial da NASA en España as operacións que fixeron posible a chegada do home á Lúa.
É un libro moi fácil de ler e moi divertido. Non perdades a posibilidade de buscalo na biblioteca... Estavos esperando!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

lunes, 3 de abril de 2017

SOCORRO!! ESTE NON SON EU!!

O almorzo, ademais de ser fundamental para a nosa alimentación, é un bo momento para contar todo o que soñamos mentras descansamos. Neste conto no que descubrirás que as cousas non sempre son o que parecen, porque, no mundo dos soños e dos pesadelos, cualquera cousa é  posible. Socorro!! Este non son Eu!!! de Jesús Aznar contado por María e Hyzadora a infantil é unha historia sorprendente que trata, diso, do mundo dos soños.


viernes, 31 de marzo de 2017

EL TRAVIESO

Nesta ocasión foron Sara e Hyzadora as que lle leron contos aos nenos e nenas de infantil. Escolleron "El Travieso" de Lauren Castillo. Un entretido conto de malentendidos e dun misterioso ladrón. Animádevos a coller este conto na biblioteca e gozar coa súa lectura.
Coma sempre os nosos contos acompañados de música, nesta ocasión as cancións escollidas son as de María Fumaça. Non deixedes de escoitalo!!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 29 de marzo de 2017

ORQ

Lía e Elena axudadas polas súas compañeiras de 4º Luisa, Paula, Carme e Sabela recrean e cóntanlle o conto de ORQ aos nenos e nenas de infantil.
Orq é un conto escrito por David Elliot e ilustrado por Lori Nichols. A través da lectura deste conto entraremos en contacto cunha fermosa historia de amizade adorable chea de humor e corazón. Como curiosidade contarvos que en todas as páxinas aparece unha familia de paxariños prehistóricos que viven o conto coa mesmas emocións que os protagonistas.
Gozade co conto das vosas compañeiras e non esquezades collelo na biblioteca para descubrir esta curiosa familia de paxariños prehistóricos.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

lunes, 27 de marzo de 2017

MOSNTRO ROSA

Monstruo Rosa é un conto sobre o valor da diferenza. Unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor, Monstruo Rosa é un grito de liberdade. Escrito por Olga de Dios foi escollido por Uxía de 6º para lerlles aos nenos e nenas de infantil.


Concurso do Entroido

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa case esquecía publicar as fotos dos gañadores do concurso do ENTROIDO deste ano!!!
Sabedes que este ano o xurado estivo formado por todos os pais, nais e familiares que pasasen pola escola a ver o noso concurso de disfraces.
Unha moi dura votación xa que os disfraces cada ano superan os do ano anterior.
Como sabedes entran no concurso somentes o disfraces feitos por vós coa axuda dun maior.
Os disfraces comprados participan na pasarela pero non forman parte do concurso.
Así pois lembramos aos gañadores:


Mellor disfrace individual para:

Lia de 3 anos que ía de Aviadora e para Saúl de 3º que ía de Cazapantasmas. Un premio de accésit a Enrique de 1º por un disfrace que revive as nosas tradicións o de Peliqueiro













Mellores disfraces de parellas:

A Carme e Luisa de 4º pola súa interpretación de "Leonardo da Vinci e a Gioconda"; e a Marcos de Javier de 5º pola súa interpretación dun "Pescador co seu peixe"







Mellor disfrace en grupo:

Neste caso os mellores disfraces de grupo foron para: Elena e Xabi de 3 anos, Asier e Irene de 4 anos. que escolleron o disfraz dos "Trogloditas" co seu coche incluído. O seguinte grupo gañador foron Guille, André e Brais de 3º que gañaron co disfraz de AC DC.








Gústanvos? Pois se pinchades na foto podedes ver todos os disfraces que participaron na nosa pasarela.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!













martes, 14 de marzo de 2017

Pasen e Miren

Ola amiguiños e amiguiñas. Aquí deixamos un conto preparado por Mariña e Mikaela para o alumnado de infantil "PASEN E MIREN". Un conto de Dani Padrón e María Canosa que nos leva a coñecer a fantásticos personaxes do mundo do circo coma Bonitos, dous monos xemelgos; Prudencio, o home bala; Camilo o mago,... que aventuras vivirán?
PASEN E MIREN!!!


lunes, 13 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

Dende o día 6 estamos a celebrar a "Semana da Prensa" na aula. A través da lectura dos xornais entramos en contacto coa estructura dun xornal. Dende unha visión xeral do periódica ao coñecemento do periódico por dentro e de cada unha das seccións. As noticias interpretadas por vós están colgadas no mural da entrada e anímovos a facer as vosas propias novas do que está a pasar na escola nestes días e seguir a colgalas no mural e facer a segundo edición do noso periódico.
Agardo as vosas novas!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

sábado, 11 de marzo de 2017

I ENCONTRO DE ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O xoves 23 de febreiro celebramos o "I Encontro do Entroido". Nunha fermosa actividade organizada pola biblioteca do CEIP Ramón de Valenzuela e a Biblioteca do IES Marco do Camballón. Neste encontro no que participaron o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, CEIP de Merza, o noso centro e O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces achegámonos ao entroido tradicional da nosa terra. Unha actividade moi fermosa que deixo aquí recollida para todos.
Un saúdo e... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 8 de marzo de 2017

VACÍO por Aroa e Marta

Ola amiguiños!!!
Xa sabedes que durante a "HORA DE LER" moitos compañeiros e compañeiras do cole están lendo contos aos seus compañeiros.
Hoxe deixamos a Marta e Aroa que lle contaron aos nenos e nenas de infantil o conto Vacío.
Neste fermoso libro de  Anna Llenas aprenderemos unha cousa moi importante: que a vida está chea de encontros e de pérdidas e a importancia de saber seguir cara adiante. 

No vídeo escóitase a canción Eu tempo un amigo que a podedes atopar en Cantar e bailar para ser máis feliz!María Fumaça é unha divertida, atolada e sensible locomotora musical. É un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un CD e un DVD con Ruí como protagonista, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Diferentes artistas galegos uníronse para cantar máis de vinte temas para celebrar a alegría de vivir. Mais tamén porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade
Xa  temos estos contos preparados para vós.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 6 de marzo de 2017

A CASA DO SONO

Nunha casa durminte, una avoa, un neno, un can, un gato, un rato,... e ata una pulga durmen toooodo ó día. Ata que algo máxico acontece, que será? Pois escoitade a Lía e Elena que lle contaron o conto aos nenos e nenas de infantil e xa veredes que sorpresa.... A casa do sono!!!


PEDRO E OS IGUALENSES

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe chegou á biblioteca un conto raro. Metade en cor e metade en gris. As tapas son brandas e alargadas. É un conto escrito por Javier Constenla e ilustrado por Núria Fortuny. Na contraportada pon o seguinte:

"¿Qué pasaría si todos fuésemos iguales? ¿Cómo sería un mundo en el que todo fuera gris y no existiesen colores? Acompaña a Pedro en un fantástico viaje que le llevará al país de los igualenses donde comprenderá la necesidad de la diversidad, la importancia de respetar a las demás personas y a valorar la diferencia y la tolerancia. Durante su aventura, pedro también descubrirá una palabra mágica, pero no una cualquiera, una que ayuda a ser mejor.."

Nesta semana con tanta actividade de prensa. día da muller, igualdade,... propoño este conto como unha lectura entrañable, fantástica e cunha importante mensaxe de igualdade. Xa o tedes na biblioteca PEDRO Y LOS IGUALENSES.
Xa me contaredes se vos gustou.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

Un regalo moi grande

Comenzan as lecturas compartidas. Nenos e nenas de todas as aulas están preparando contos para os compañeiros doutros cursos.
Hoxe é o turno das nenas de 4º: Paula, Sabela, Carme, Luisa e Elena contáronlle dun xeito moi divertido un conto aos seus compañeiros e compañeiras de 4º e 6º. Neste caso elixiron "Un regalo muy grande" de Carl Norac publicado por EDELVIVES. Neste conto Luís pide polo seu cumpreanos un osiño moi grande. O seu pai vai ao bosque cun tarro de mel e e tráelle un oso de verdade. Este quere facer o mesmo que o oso de xoguete do veciño e só acontecen desastres. Os pais deciden botalo da casa. Serán esta vez Luís e o seu veciño os que vaian ao bosque cun tarro de mel.

Escoitade o conto e xa me contaredes se vos gustou.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 



domingo, 5 de marzo de 2017

CHARLA DE BULLYNG

Os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a sorte de recibir información do "Bullyng" de primeira man. Unhas charlas dadas pola garda civil para achegarnos a temas que son moi difíciles de explicar e máis de entender.




Se buscades máis información do tema non dubidedes en pasar pola biblioteca.
O " Manual de BULLYNG" é un libro moi interesante de Miguel Ángel Alonso Diz un importante manual cheo de ilustracións nas que se entremezcla unha historia coas vivenzas e pensamentos dunha pequena víctima de acoso e dos diferentes aspectos relacionados con esta experiencia, sentimentos tanto da víctima como do acosador; ademáis dos seus diferentes tipos, modo de afrontar a situación por parte dos pais e mestres...


Encontros coa ilustradora Estefanía Padullés

A principios de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron un interesante encontro con Estefanía Padullés aprendendo a debuxar aos seus dinosaurios preferidos protagonistas do seu conto Max e Lea da editorial Hércules
Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosaurio moi grande e moi forte, e cun montón de colmillos, así que ninguén se atreve a meterse con él.
Pero polas noites a cousa cambia… e é que Max ten moito medo á oscuridade.
Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosaurios que coñece… pero parece que ningún pode solucionar o seu problema.Cando Max está a punto de rendirse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.Poderá axudalo?Logrará Max vencer ao fin o seu miedo á noite?
Non olveidedes coller o conto e mentres ollade que ben o pasaron os nenos e nenas de infantil!!!


DÍA DE ROSALÍA

Na semana do 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e os alumnos de 1º, 2º e 5º foron os encargados de recoller poemas da nosa admirada escritora para lembrarnos o fermoso das súas verbas e ao mesmo tempo colaborar cun proxecto co Concello de Silleda. Un bo traballo colaborativo e de aprendizaxe para todos. Aquí o tedes!!!


martes, 28 de febrero de 2017

RECREOS DA BIBLIOTECA

Cada día a biblioteca énchese de actividade, xogo, lectura, estudo, investigación.... Cada día que vides a verme á biblioteca os vosos risos, marmurios, contos, dúbidas,... fan que sinta orgullo da nosa biblioteca e de todos e todas vós. Queredes ver como é un día calquera na biblioteca? Ollade!!

lunes, 20 de febrero de 2017

CARLOS CASARES

Camiñamos lentamente. O curso vai pasando e imos preparando o noso espazo coa obra de CARLOS CASARES.
Xa temos os nosos recunchos na biblioteca.
Agora toca que pouco a pouco o coñezamos nas aulas.
Achégase "O día das Letras Galegas"