miércoles, 13 de marzo de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER

Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".  Os vosos compañeiros de 4º Izan, Mathías, Martín e Andrés subiron á emisora para felicitar a todos os que naceron nos meses de xaneiro e febreiro ademais de contar as novas do cole.



LECTURA E FAMILIA con Raquel

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns os nenos e nenas de infantil tiveron unha visita. Raquel, a nai de Martina Bahamonde de 4º de infantil, veu a contarnos o conto de Cocorico. Encantounos!! E ademais trouxo un agasallo. Un conto para cada un!!


lunes, 11 de marzo de 2024

Superavoa

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 7 de marzo o alumnado de infantil e 1º ciclo tivo unha visita: David Rodríguez.

David é escritor, ilustrador, músico e contacontos. Aproveitou a súa visita para contarlle aos nosos compañeiros e compañeiras o conto Superavoa, escrito e ilustrado por el. Unha fermosa historia dunha avoa, que podería se a nosa, capaz de facer mil cousas, e todas a un tempo, coma se tivesen poderes máxicos. As avoas son supermulleres, son as nosas superavoas.

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024: Francisco Asorey

Ola amiguiños e amiguiñas! O vindeiro 1 de abril celebraremos o Día das Artes Galegas. Este día foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.

Cada ano a Academia escollerá un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano está dedicado a Francisco Asorey e para que vaiades aprendendo algunha cousiña déixovos este xogo feito pola colaboración de moitos coles. 



domingo, 10 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de infantil saben moi ben o que é un xornal e así nolo explican. Incluso lanzan algunha nova relacionada co tempo e coas novas do cole. Non volo podedes perder!! Temos uns auténticos reporteiros!!

sábado, 9 de marzo de 2024

COMETAS LITERARIAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o 8 de marzo e na Biblioteca estivemos cociñando unha actividade pola igualdade. Nenos e nenas, pais e nais unidos nun mesmo obxectivo crear "Cometas Literarias" para facer voar con elas os nosos desexos de Igualdade. 

viernes, 8 de marzo de 2024

8M e os Escornabots

Ola amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 5º estivo na biblioteca traballando na procura dunha proposta de traballo para conmemorar o 8M. Despois de buscar nos libros e nos ordenadores e aproveitando os recursos que ofrece a biblioteca creativa decidiron facer un xogo empregando os Escornabots. Se queredes probar pasade pola biblioteca!! Picade na imaxe e veredes o seu traballo!!



Libros polo 8 de MARZO

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o Día Internacional da Muller. De distintos xeitos imos abordando esta data nas nosas aulas. A lectura é unha forma de chegar a calquera temática, este ano as Axudantas da biblioteca de 6º pediron seleccionar e facer unha mostra de lecturas de Igualdade para todos nós. E este é a súa proposta e unha representación das que nesta actividade participaron. 



miércoles, 6 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Ola amguiños e amiguiñas! Estamos na SEMANA DA PRENSA!! Ao longo desta semana haberá distintas actividades cun xornal por medio. Polo de pronto o alumnado de 3º e 4º invitou a dous periodistas do Faro de Vigo, a Xan Salgueiro (redactor) e a Javier Lalín (fotógrafo) para facerlles unha entrevistas. Eles sacáronnos na prensa e nós fixemos unha páxina de xornal dedicada a eles. Se picades na imaxe podedes ver a nova no Faro de Vigo.



martes, 5 de marzo de 2024

PLANTACIÓN DE PENSAMENTOS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes o pasado 23 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía" e coma cada ano decidimos plantar pensamentos, flor preferida da poetisa, na súa honra. Hoxe están decorando as fiestras da nosa biblioteca.

Plantación Infantil:

Plantación 1º de Primaria:

Plantación 2º de Primaria:

Plantación 3º de Primaria:

Plantación 4º de Primaria:

Plantación 5º de Primaria:

Plantación 6º de Primaria: